Semana de Anita Borg en A Coruña

En A Coruña estamos organizando as seguintes actividades dentro da Semana de Anita Borg

Enlace á enquisa post-evento

WikinformáticA

WikinformáticA é un concurso para grupos de alumnos de secundaria no que terán que elaborar unha wiki en galego sobre mulleres destacadas na historia das tecnoloxías da información. A organización colaborará coa Galipedia para que estes contidos sexan incorporados á versión oficial.

O equipo gañador poderá desfrutar dunha visita ás instalacións de R na Coruña e unha impresora 3D, cortesía do Colexio Profesional de Exeñaría en Informática de Galicia.

Xornadas

Semana Anita Borg

Os días 28 e 29 de xaneiro celébrase na Facultade de Informática (Aula Víctor Gulías), a Semana de Anita Borg, organizada en colaboración coa Oficinal para a Igualdade de Xénero. Aquí tes o programa e unha pequena descripción das charlas.

Se non podes vir, séguenos por streaming aquí

A quen están dirixidas?

A Semana de Anita Borg non presenta un programa orientado únicamente a mulleres ou únicamente a informáticas. Co obxectivo de visibilizar o éxito acadado por moitas mulleres no eido das novas tecnoloxías, presentamos un programa no que se abordará tanto o éxito empresarial, como a pertenza a grupos de desarrolladores ou a imaxe online. Bótalle unha ollada e apunta as charlas que te interesan. Non esquezas facer as túas preguntas ás nosas ponentes.

Programa

  • 28 xaneiro
    • 15:45 - 16:00 -- Inauguración
    • 16:00 - 17:30 -- Carme Miró.
      • Entrevista sobre o éxito empresarial e a importancia da imaxe de marca online.
    • 17:30 - 19:00 -- Cristina Gamallo.
      • Experiencia creando unha empresa innovadora de robótica en Galicia.
    • 19:15 - 20:45 -- Mariel Martínez.
      • GDGs en Galicia, Women in Tech, Tech & ladies.
  • 29 xaneiro
    • 16:00 - 17:00 -- Panel: situación laboral das TIC.
      • Laura Castro, profesora e investigadora da Facultade de Informática.
      • Fernando Suárez, presidente do CPEIG.
      • María R. Malmierca, coordinadora de ICT Go Girls e da área de E-learning do CESGA.
    • 17:00 - 17:30 -- Presentación de WikinformáticA e entrega de premio.
    • 17:30 - 19:00 -- Verónica Ramallal.
      • Imaxe online: social media e marca personal.
    • 19:00 - 19:15 --- Clausura.

Consulta o programa tamén en Google Calendar

Carme Miró. Apple Tree.

  • Carme Miró
  • Carme Miró ten máis de 20 anos de experiencia como consultora en estratexias de Marketing e Comunicación para grandes empresas. Creou dúas empresas de éxito: Cluster Consulting, que foi líder mundial na consultoría de novas tecnoloxías (hoxe Oliver Wyman), e apple tree communications.

    É Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona, onde foi a primeira muller presidente de AIESEC en España, e MBA polo MIT de Boston. É un dos 4 únicos españois que forman parte do MIT Executive Board.

  • O primeiro proxecto empresarial de Carme Miró foi Cluster Consulting, que co-fundou en 1993 e que se convertiu, en poucos anos, na consultoría estratéxica líder mundial especializada no sector das telecomunicacións e as novas tecnoloxías. No ano 2000 a companía, que contaba con 600 traballadores e 12 oficinas en 8 países, completou un exitoso proceso de venta, logrando ser cotizada na NASDAQ. A fusión de Cluster coa americana Diamond Technology Partners segue sendo hoxe a 5ª maior operación M&A na historia de España.

    No ano 2003, deixou o seu posto executivo en Cluster Consulting para emprender o seu segundo proxecto empresarial e fundou apple tree communications xunto a Kirsty Brown e Olivia Walsh, con quen traballara en Cluster Consulting.

    Hoxe, apple tree ten máis de 60 traballadores en Barcelona, Londres e Madrid e traballa para marcas líderes a nivel mundial, como BMW, Google, Nike, Novartis, Salesforce ou Spotify.

    Carme Miró liderou reconocidas estratexias de comunicación, entre as que destacan o acordo de "sponsoring" de UNICEF na camiseta do F.C.Barcelona, e dirixido campañas de comunicación para clientes como Manchester City Football Club, de Nike ou Sanofi.

    Anímate e pregunta!

Verónica Ramallal. Pekecha.

  • Verónica Ramallal Pekecha
  • Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, e con un Máster pola Escola de Medios de La Voz de Galicia, posúe ademáis o Curso de Aptitude Pedagóxica pola UDC.

    Tras varios anos vinculada a conocidos medios de comunicación en Galicia, como La Voz de Galicia ou Televisión de Galicia e varias emisoras radiofónicas, en 2010, decide dar o salto por primeira vez ao entorno dixital, incoporándose ao equipo de O Apóstolo (Xacobeo 2010) traballando no departamento de marketing dixital e organización de eventos.

  • Tras un intenso ano, incorpórase a Cambur (axencia Social Media en A Coruña), onde exerce como Social Media Strategist e Community Manager para importantes marcas, tanto na nosa comunidade como en Latinoamerica (Panamá, Venezuela principalmente).

    Xa a principios de 2012, decide emprender camiño pola súa propia conta, a través de Pekecha; a súa propia consultora de Social Media e Marca Personal. Durante os últimos anos traballou tanto con institucións como con empresas da área privada en ambos eidos; especialmente na área de emprendedores e desenvolvemento de novos modelos de negocio.

    Anímate e pregunta!

Dra. Cristina Gamallo. Situm.

  • Socia fundadora de Situm. Enxeñeira informática e doutora en TIC. Experta en sistemas de localización en interiores e seguridade.

  • Anímate e pregunta!

Mariel Martínez. GDG Vigo.

  • Mariel Martínez
  • Mariel Martínez é Enxeñeira Informática pola Universidade Oberta de Catalunya e entusiasta das novas tecnoloxías. É co-fundadora de INDENEXT, unha empresa de solucións tecnolóxicas innovadoras no eido do desenvolvemento de software, onde ocupa o cargo de product manager. Ademáis, é co-fundadora de ameiga, unha compañía de desenvolvemento de videoxogos, que busca a aplicación das últimas tendencias tecnolóxicas nos dispositivos móviles. Compaxina o seu traballo coa función Organizadora do Google Developers Group en Vigo (GDG Vigo). Esta comunidade céntrase nos desenvolvedores informáticos e a difusión de contido técnico, é responsable da organización de eventos tales como talleres, charlas e hackathons. Comprometida coa proxección da muller no eido da tecnoloxía, traballa nun novo proxecto, Tech&Ladies, co obxectivo de dar visibilidade ás mulleres que traballan en tecnoloxía.

  • Anímate e pregunta!

Organización

Na organización están actualmente involucrados persoal docente e investigador da Facultade de Informática

Colaboran


logofic logooix logocpeig google
logocesga logoictgogirls logogpul

Agradecementos

A organización quere agradecer a colaboración da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, e en particular a do persoal do CeCaFi.