Semana de Anita Borg en A Coruña

En A Coruña estamos organizando as seguintes actividades dentro da Semana de Anita Borg

Xornadas

Semana Anita Borg

Os días 28 de xaneiro e 25 de febreiro celébrase na Facultade de Informática (Aula Víctor Gulías), a Semana de Anita Borg. Aquí tes o programa.

A quen están dirixidas?

A Semana de Anita Borg non presenta un programa orientado únicamente a mulleres ou únicamente a informáticas. Co obxectivo de visibilizar o éxito acadado por moitas mulleres no eido das novas tecnoloxías, presentamos un programa no que se abordará a carreira profesional con ex-alumnas da FIC, así como afrontar o deseño dixital para a diversidade. Bótalle unha ollada e apunta as charlas que te interesan.


Programa (xoves 28 de xaneiro)

  • 15:45 - 16:00 -- Inauguración
  • 16:00 - 17:30 -- O mundo despois da FIC: carreiras profesionais. Mesa redonda.
    • María José Durán Domínguez (Potingues Verdes).
    • Beatriz Pérez Sánchez (Facultade de Informática, UDC).
    • Cristina Vázquez (Teimas Desenvolvemento S.L.).
    • Marianne Blanco Martiño (Everis).
    • Rocío Alfonso Pita (Servizo de Informática, UDC).
  • 17:30 - 19:00 -- O mundo alén da FIC: tecnoloxía e sociedade.
    • Deseño accesible, fenda dixital, inclusión... os monstros mariños do deseño dixital.
    • Juan José Fernández García, presidente de TADEGa.net.
  • 19:00 - 19:15 --- Clausura.

Programa (xoves 25 de febreiro)

  • 12:00 - 12:15 -- Inauguración
  • 12:15 - 13:45 -- O mundo alén da FIC: a tecnoloxía desde os ombreiros dos xigantes.
    • Google Eng from the inside.
    • Bárbara Valenciano, ingeniera en Google.
  • 13:45 - 14:00 --- Clausura.

Organización

Na organización están actualmente involucrados persoal docente e investigador da Facultade de Informática

Agradecementos

A organización quere agradecer a colaboración da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, e en particular a do persoal do CeCaFi.